Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 358/2014, interposto por Pablo Enrique Carracedo García e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.A. 358/14, interposto por Pablo Enrique Carracido García, Eduardo Penabad Ramos e Marcos Tesouro Montecelo contra a Resolución do 4 de abril de 2014 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de abril de 2014 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública