Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 12 de setembro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 22 de maio de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 437, sito en Crecente, relativo ao proxecto 00660 (expediente 2010/004781).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula, a Jesús Silva Cabo, o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de maio de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 437, sito en Crecente, relativo ao proxecto 00660, expediente 2010/004781, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición, impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00660 acondicionamento da estrada PO-401. Treito: Filgueira-límite de provincia. Clave: PO/01/077.01.

Nº de expediente: 2010/004781.

Persoa que se notifica: Jesús Silva Cabo.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiado: Jesús Silva Cabo.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio número: 437.

Concello: Crecente.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 258,83 €.