Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44606

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de xullo de 2014 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas.

Advertido erro na Resolución do 17 de xullo de 2014 pola que se publica o plan de estudos de grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas, publicada no DOG número 145, do 1 de agosto de 2014.

Este reitorado resolve o seguinte:

Efectuar a oportuna rectificación nos termos que se detallan a continuación:

– Na páxina 33314,

Onde di: «Inglés para a Comunicación Empresarial I», debe dicir: «Inglés para a Comunicación Comercial I».

Onde di: «Inglés para a Comunicación Empresarial II», debe dicir: «Inglés para a Comunicación Comercial II».

– Nas páxinas 33315 e 33316,