Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44674

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación, suxeita a regulación harmonizada, da subministración de alimentos e bebidas para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) durante un período de dous anos (2014-2016), licitado mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: subministración.

Descrición do obxecto: contratación, suxeita a regulación harmonizada, da subministración de alimentos e bebidas para o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) durante un período de dous (2) anos (2014-2016), licitado mediante procedemento aberto con pluralidade de criterios.

Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con pluralidade de criterios e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 743.810,43 €.

IVE (4 %, 10 % ou 21 % segundo corresponda): 69.386,39 €.

Importe total IVE incluído: 813.196,82 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE excluído) do lote ou lotes dos que resulte adxudicatario, sempre e cando o importe do lote ou a suma dos lotes sexa igual ou superior a 18.000 €. No caso de que un mesmo licitador resulte adxudicatario de varios lotes, este constituirá unha garantía independente por cada lote que se lle adxudique.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21343

Información de índole técnica; teléfono: 981 54 25 33.

Información de índole administrativa; teléfono: 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: 19 de novembro de 2014.

Documentación que hai que presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos 15,15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

Por ausencia (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012)
Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia