Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Concello da Coruña.
Domicilio social: praza María Pita, 1, 15001 A Coruña.
Denominación: CS e CT de 630 kVA.
Situación: rúa Doctor Vázquez Iglesias, 2, A Coruña.
Características técnicas: centro de seccionamento en edificio de formigón compartido co do CT proxectado, que inclúe tres (3) interruptores-seccionadores de 24 kVA, 400 A en cabinas metálicas prefabricadas. Centro de transformación en edificio de formigón co transformador de 630 kVA, relación 15-20/0,42 kV, en baño de aceite. Aparellos da manobra e protección, así como equipamento de medida, en cabinas metálicas prefabricadas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación segundo os artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
A Coruña, 7 de agosto de 2014
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña