Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44610

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

A listaxe de aspirantes admitidos/as poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles/as que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos/as.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Benítez Acosta, María

46903484K

16, 20

Canosa Raña, María Pilar

32761619M

16, 20

Del Río Alonso, María Elisa

34979947Y

16, 20

Dios Queiruga, Alberto

53484022Y

16, 20

Fresco Santalla, Ana María

76577860G

16, 20

Gancedo Herreras, Trinidad

53169902C

16, 20

Loureiro Fontenla, María Olga

32439017R

58

Pavón, Sabela

44484910N

18, 58

Rodríguez Crespo, Marina Pilar

47380721P

16, 20

Rodríguez Saa, Tamara

53183862L

16, 20

Sendino Lamela, Juan Ignacio

33327571L

16, 20

Taboada Moure, María del Pilar

44813951S

16, 20

Vázquez Espantoso, Juan Carlos

76819023N

16, 20

Cota específica base I.1.2.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Campos Graña, Ana Belén

33550213K

16

Fernández Pérez, Esther

35289546W

15

Código

Descrición

15

Documento xustificativo de exención de taxas non cotexado

16

Documento xustificativo de exención de taxas non presentado

18

Doc. xustif. demandante de emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado