Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44623

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas.

A listaxe de aspirantes admitidos/as poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os/as aspirantes excluídos/as, así como aqueles/as que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídos/as.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Fernández Pérez, Miguel Onofre

09441319A

16, 20

Gauger Méndez, Mikel

15399983B

16, 20

Pello de la Riva, Manuel

71673577B

16, 20

Prieto Mallo, Manuel

09762321V

26

Sanz García, Diego

16060711H

16, 20

Código

Descrición

16

Documento xustificativo de exención de taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

26

Documento xustificativo de exención de taxas con cotexo non válido