Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 16 de outubro de 2014 Páx. 44483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente no desenvolvemento do programa de axuda ALIS, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2014-020.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento do programa de axuda ALIS, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14.7.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 64.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 64.000 €.

b) Importe total: 77.440 €.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13; e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 19.9.2014.

b) Data de formalización do contrato: 24.9.2014.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 52.875 euros. Importe total: 63.978,75 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2014: 54.381,94 €.

Exercicio 2015: 9.596,81 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2014

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable