Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de setembro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 10 de xullo de 2014, que fixa o prezo xusto do predio número 8 (Maderas Villar), sito en Carballeda de Avia, relativo ao proxecto 01326 (expediente 2013/000449).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Manuel Meiriño González o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 10 de xullo de 2014, que fixa o prezo xusto do predio nº 8 (Maderas Villar), sito en Carballeda de Avia, relativo ao proxecto 01326, expediente 2013/000449, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01326 LMTS. CT. Santo Estevo. Expediente IN407 2007/52-3 AT. TM Carballeda de Avia.

Nº de expediente: 2013/000449.

Persoa que se notifica: Manuel Meiriño González.

Expropiante: Consellería de Innovación e Industria. Delegación Provincial de Ourense.

Expropiado: Manuel Meiriño González.

Beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 8 (Maderas Villar).

Concello: Carballeda de Avia.

Provincia: Ourense.

Valoración resolución do Xurado: 490,19 €.