Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44363

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal do Grove.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 18 de setembro de 2014, adoptou o seguinte acordo con 9 votos a favor do PP, 6 votos en contra do PSG-PSOE e unha abstención do Grupo Mixto (EU):

Asunto: aprobación inicial do PXOM do Grove.

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan xeral do Grove e sometelo, conxuntamente co ISA, a información pública polo prazo de dous meses.

Segundo. Someter o expediente e, polo tanto, os documentos do plan xeral e o informe de sustentabilidade ambiental (ISA) a trámite de consultas e información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante ese prazo quedará o expediente de manifesto, no Departamento de Urbanismo, en horario de atención ao público, das 10.00 ás 14.00 horas, e poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes. A información pública será tamén para os efectos da avaliación ambiental estratéxica do plan nos termos previstos na Lei 9/2006, do 28 de abril.

Terceiro. Suspender a tramitación e aprobación de plans de desenvolvemento, de instrumentos de xestión, así como o outorgamento de toda clase de autorizacións e licenzas urbanísticas de parcelación, edificación e demolición para áreas e usos determinados naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente. A suspensión determinada por esta aprobación terá unha duración máxima dun ano contado desde a dita aprobación.

Cuarto. Simultaneamente á información pública, solicitar informe de todos os organismos que resulten afectados, de municipios limítrofes, así como as consultas fixadas no documento de referencia e no resto do expediente conforme a lexislación sectorial específica, nos termos que constan no expediente.

Quinto. Desistir do procedemento de aprobación do Plan xeral do Grove, iniciado mediante Acordo do 17 de novembro de 2000, por imposibilidade material de continuar o expediente á vista da nova normativa en vigor e a comunicación do secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e arquivar as ditas actuacións.

O Grove, 22 de setembro de 2014

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde