Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións de diversas sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Bodegas Montero, SAT nº 803 XUGA, na asemblea xeral do 2 de xaneiro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan Rey González, presidente; María Gumersinda Vázquez Rey, secretaria e Antonio Montero Regueiro como vogal.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Carrelas, SAT nº 1265 XUGA, na asemblea xeral do 18 de xuño de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta como novo socio de Bertín Santos Vieites, quen achega ao capital social vinte mil cento cincuenta e tres euros con vinte e dous céntimos (20.153,22 €), divididos en 18 títulos de 170,79 €.

2. Aprobar a ampliación de capital dos restantes socios en tres mil setenta e catro euros con vinte e dous céntimos (3.074,22 €) a cada un deles.

Como consecuencia desta alta e ampliación de capital dos restantes socios, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

Juan Santos Rodríguez

118 títulos

20.153,22 € de capital social

Bertín Santos Vieites

118 títulos

20.153,22 € de capital social

Juan Carlos Santos Vieites

118 títulos

20.153,22 € de capital social

Elena Vieites Agra

118 títulos

20.153,22 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 80.612,88 € e estará representado por 472 xustificantes nominativos de 170,79 € cada un deles».

4. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

5. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Juan Santos Rodríguez, presidente; Juan Carlos Santos Vieites, secretario; Elena Vieites Agra e Bertín Santos Vieites como vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Salcedo, SAT nº 529 XUGA, na asemblea xeral do 1 de xullo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Castor Méndez López, presidente; Jesús Méndez López, secretario e Juan Carlos Méndez López como vogal.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Rigueiro Rey, SAT nº 1268 XUGA, na asemblea xeral do 29 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Nicasio Rigueiro Iglesias, presidente; Manuel Rigueiro Rey, secretario; Mª Remedios Rey Cabo e Severina Rigueiro Rey como vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación A Pementeira, SAT nº 1345 XUGA, na asemblea xeral do 16 de xuño de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación parcial dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: Milagros González Refojo, presidenta; María Teresa Pérez Blanco, secretaria; Lidia Martínez Rarís, Milagros Piñeiro Freire, Peregrina Dios Villaverde e Rosa María Diéguez Rarís como vogais.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Río Mente, SAT nº 1203 XUGA, na asemblea xeral do 5 de maio de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a redución de capital social nun título por valor de 60,00 €.

Como consecuencia da redución de capital social, este queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Juan José Estévez Fernández

333 títulos

19.980,00 € de capital social

Francisco Javier Estévez Fernández

333 títulos

19.980,00 € de capital social

Ana María Estévez Fernández

333 títulos

19.980,00 € de capital social

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 59.940,00 € e estará representado por 999 resgardos nominativos de 60,00 € cada un deles».

g) A Sociedade Agraria de Transformación Seixas, SAT nº 1241 XUGA, na asemblea xeral do 16 de xuño de 2014 que ratifica a do 20 de xaneiro de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria da socia Áurea Rodríguez Pérez que transmite os 12 títulos que ten ao socio Manuel Arias Rodríguez.

Como consecuencia desta transmisión de títulos o capital social queda distribuído entre os socios de seguinte forma:

Manuel Arias Rodríguez

11.012 títulos

110.120,00 € de capital social

Noelia García Santoalla

11.000 títulos

110.000,00 € de capital social

José García Vázquez

9.006 títulos

90.060,00 € de capital social

Montserrat Cadahía Rodríguez

9.006 títulos

90.060,00 € de capital social

2. Aprobar os cargos da nova Xunta Reitora que esta integrada por: Manuel Arias Rodríguez, presidente; Noelia García Santoalla, secretaria; Monserrat Cadahía Rodríguez, tesoureira e José García Vázquez, como vogal.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Gandería Iglesias, SAT nº 1040 XUGA, na asemblea xeral do 2 de xuño de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a transmisión dun título mediante compravenda, do socio Alonso José Iglesias Tojo ao pretendido novo socio José García Turnes.

2. Aprobar a alta de José García Turnes que adquire un título por valor de 601,00 €.

Como consecuencia desta transmisión de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José García Turnes

1 título

601,00 € de capital social

Alonso José Iglesias Tojo

266 títulos

159.866,00 € de capital social

Cándido Iglesias Turnes

267 títulos

160.467,00 € de capital social

Rufina Tojo Botana

267 títulos

160.467,00 € de capital social

3. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por catro membros.

4. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Cándido Iglesias Turnes, presidente; Alonso Jesús Iglesias Tojo, secretario; Rufina Tojo Botana e José García Turnes, como vogais.

i) A Sociedade Agraria de Transformación Arcicos, SAT nº 1402 XUGA, na asemblea xeral do 18 de xullo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que pasa a estar integrada por: José Manuel González Freire, presidente; Dorinda Freire Seijas, secretaria; Luis González Vigo, tesoureiro e María Carmen Freire Seijas como vogal.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Frontón, SAT nº 1358 XUGA, na asemblea xeral do 10 de marzo de 2014, toma o seguinte acordo, que eleva a público mediante escritura notarial con data do 13 de marzo de 2014 e 2 de xullo de 2014.

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Jorge Pérez Vázquez, presidente; Rosa María González Pérez, secretaria; José Manuel Losada Fontao, Gonzalo Calvo Díez, Manuel Rajo Fernández, José David García Dalama como vogais.

2. Aprobar a transformación de Frontón, SAT nº 1358 XUGA, en Argoma Sacra, S.L.

Para proceder á cancelación da SAT neste rexistro, deberá presentar no prazo máximo de 6 meses, o documento xustificativo de estar inscrita no Rexistro Mercantil Central como Argoma Sacra, S.L., que se fará constar posteriormente no libro de rexistro de SAT, mediante nota marxinal.

k) A Sociedade Agraria de Transformación San Cidre, SAT nº 784 XUGA, na asemblea xeral do 7 de marzo de 2014, que ratifica a do 5 de marzo de 2013 e a do 16 de novembro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Modificar a Xunta Reitora que pasa a estar composta por: Jesús Tomé Vilariño, presidente; Sergio Martínez Díaz, secretario; Manuel Miraz Díaz, tesoureiro; José Manuel Brañas Estraviz, Javier Vázquez Vilariño, José Pereira López e José Luis Pérez Merelas, como vogais.

2. Aprobar a alta de sete socios, a quen lle son transmitidos os títulos doutros sete socios que causan baixa.

3. Aprobar a baixa voluntaria de cinco socios coa correspondente liquidación da súa participación na sociedade.

4. Aprobar a modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 4.508,98 € e estará representado por 749 títulos de 6,02 € cada un deles».

l) A Sociedade Agraria de Transformación Juanito, SAT nº 1328 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xullo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Nieves Sánchez Diéguez, presidenta; Manuel Lago Hermida, secretario e Juan José Lago Sánchez como vogal.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Mantequerías Lomba, SAT nº 2162, na asemblea xeral do 17 de xuño de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Concepción García Feijóo, presidenta; Francisco Javier Outomuro Castro, secretario e José Francisco Ledo Taboada como vogal.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Emilio do Jaime, SAT nº 1406 XUGA, na asemblea xeral do 15 de xullo de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a modificación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: María Josefa Buide Campo, presidenta; Emilio Rodríguez Buide, secretario; Emilio Rodríguez Anllo, tesoureiro e Lorena Rodríguez Buide como vogal.

ñ) A Sociedade Agraria de Transformación Mirás, SAT nº 1124 XUGA, na asemblea xeral do 16 de xuño de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Manuel Mirás Grobas, presidente; Mª Ángeles Vidal Pereira, secretaria e Rocío Mirás Vidal como vogal.

o) A Sociedade Agraria de Transformación A Capilla, SAT nº 1072 XUGA, na asemblea xeral do 28 de xullo de 2014, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia Alicia Pérez López, que transmite a totalidade dos seus títulos ao pretendido novo socio Antonio Pérez Pérez.

2. Aprobar a alta na sociedade de Antonio Pérez Pérez.

Como consecuencia desta baixa e alta de socios, o capital queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Alberto López López

1.030 títulos

30.952,12 € de capital social

María Inés González Losada

1.030 títulos

30.952,12 € de capital social

Esther Gómez Pérez

1.030 títulos

30.952,12 € de capital social

José López Balboa

1.030 títulos

30.952,12 € de capital social

Herminia Pérez Gómez

1.030 títulos

30.952,12 € de capital social

Antonio Pérez Pérez

1.030 títulos

30.952,12 € de capital social

3. Aprobar a renovación da Xunta Reitora que pasa a estar formada por: Alberto López López, presidente; María Inés González Losada, secretaria; Antonio Pérez Pérez, Esther Gómez Pérez, Herminia Pérez Gómez e José López Balboa, como vogais.

p) A Sociedade Agraria de Transformación Torneiros, SAT nº 595 XUGA, na asemblea xeral do 4 de agosto de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Marcos Quintas Rodríguez, presidente; María Carmen Álvarez Coello, secretaria; María Carmen Cid Álvarez e José Manuel Quintas Rodríguez como vogais.

q) A Sociedade Agraria de Transformación Catro Camiños, SAT nº 1218 XUGA, na asemblea xeral do 5 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Castor Méndez López, presidente; Jesús Méndez López, secretario e Juan Carlos Méndez López como vogal.

r) A Sociedade Agraria de Transformación Ferreira, SAT nº 1313 XUGA, na asemblea xeral do 9 de setembro de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Anular o acordo de disolución tomado por unanimidade na asemblea xeral que tivo lugar o 10 de novembro de 2013.

2. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: María Josefa Silvosa Veiga, presidenta; Sonia Blanco Silvosa, secretaria; Alberto Blanco Silvosa, tesoureiro; María Julia López Fernández, Ana Isabel Blanco Silvosa e Fernando Blanco Riesgo, como vogais.

B) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Serviagro Galicia, SAT nº 1391 XUGA, na asemblea xeral do 1 de agosto de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Ganaderia Madanelo, SAT nº 1063 XUGA, Veigueiro, S.C.G. e Comercial Agropres, S.L.

C) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Serviagro Galicia, SAT nº 1391 XUGA, na asemblea xeral do 10 de agosto de 2014, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no rexistro xeral.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria