Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dun servizo de enxeñaría informática para o desenvolvemento dunha plataforma web e unha aventura gráfica para a rehabilitación en cognición social de pacientes con trastorno mental grave, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-14-050).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-14-050.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de enxeñaría informática para o desenvolvemento dunha plataforma web e unha aventura gráfica para a rehabilitación en cognición social de pacientes con trastorno mental grave, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados.

c) División por lotes: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: lote 1: o prazo máximo de execución será desde a súa formalización ata o 1 de xuño de 2015 (estimado en 28 semanas). Lote 2: o prazo máximo de execución será desde a súa formalización ata o 15 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Lote 1:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Proposta metodolóxica e adecuación dos recursos

0-25

Nivel de creatividade e xogabilidade

0-15

Plan de execución e calendario

0-5

Mantemento e soporte

0-5

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Prazo de entrega

0-10

Lote 2:

Concepto

Puntuación

– Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

Proposta metodolóxica e adecuación dos recursos

0-30

Plan de execución e experiencia en tecnoloxías propostas

0-15

Servizo de mantemento e soporte

0-5

– Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-50

4. Valor estimado do contrato: 78.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 78.000 euros. Importe total: 94.380 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura del sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por Fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos