Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44374

VI. Anuncios

b) Administración local

Consorcio As Mariñas

ANUNCIO de aprobación de modificación de estatutos.

En sesión extraordinaria do Pleno do Consorcio As Mariñas que tivo lugar o pasado 3 de outubro de 2014, os concellos integrantes do Consorcio por unanimidade acordaron aprobar inicialmente a modificación dos estatutos do Consorcio.

De conformidade co disposto no artigo 143 da Lei de Administración local de Galicia, ábrese un prazo de información pública durante un mes a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio (no BOP ou no DOG), co obxecto de que os interesados poidan examinar os estatutos modificados na Secretaría do Consorcio e poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

Bergondo, 6 de outubro de 2014

José Antonio Santiso Miramontes
Presidente do Consorcio As Mariñas