Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas varias resolucións de procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR345B 2009/86-2 e cinco máis.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que o asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar os expedientes, depositados nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia destes acordos, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 19 de setembro de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2009/86-2.

Nome: Yolanda Rodríguez Rodríguez.

DNI/NIF: 34257706B.

Último enderezo coñecido: avenida de Galicia, 90, baixo, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as/os traballadoras/es contratadas/os ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar o 4 de xuño de 2014.

Nº de expediente: TR345B 2009/110-2.

Nome: Puchet, C.B.

DNI/NIF: E27327964.

Último enderezo coñecido: camiño Real, 58, baixo, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as/os traballadoras/es contratadas/os ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar o 4 de xuño de 2014.

Nº de expediente: TR345B 2009/258-2.

Nome: Q norma consultores y prevención, S.L.N.E.

DNI/NIF: B27385822.

Último enderezo coñecido: avenida de Madrid, 41, entresollado, 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as/os traballadoras/es contratadas/os ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar o 4 de xuño de 2014.

Nº de expediente: TR345B 2009/284-2.

Nome: La Casa del Marisco, S.L.

DNI/NIF: B27361310.

Último enderezo coñecido: rolda das Fontiñas, 294, 2º I, 27002 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as/os traballadoras/es contratadas/os ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar o 5 de xuño de 2014.

Nº de expediente: TR345B 2009/318-2.

Nome: Muebles Raíña, S.L.

DNI/NIF: B27383074.

Último enderezo coñecido: polígono industrial Sete Pontes, r/ Acivro, 59, 27800 Vilalba, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as/os traballadoras/es contratadas/os ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar o 5 de xuño de 2014.

Nº de expediente: TR345B 2009/320-2.

Nome: Justo Moirón Moirón.

DNI/NIF: 33315144N.

Último enderezo coñecido: avenida da Coruña, 298, 2º C, 27003 Lugo.