Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador en materia de residuos LU-RES 2014/039 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 17 de setembro de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2014/039.

Denunciados: Marga Marina Porumbaru e Relu Matei.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/0052.

Denunciado: Relu Matei.

Acto notificado: resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/102.

Denunciado: Marian Cretu.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/163.

Denunciado: Gheorghe Roua.

Acto notificado: acordo de inicio do procedemento sancionador.