Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2013/185-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Procofe, S.L.

Domicilio social: rúa Mariñeiros, parcela R-1, polígono industrial Río Pozo, 15570 Narón.

Denominación: LMTS, CS e CT de 400 kVA para nave industrial.

Situación: rúa Mariñeiros, parcela R-1, polígono industrial Río do Pozo, Narón.

Características técnicas: LMTS de 20 m, de 15 kV, condutor RHZ1 12/20 kV 3 (1×95 mm Al). CS e CT de 400 kVA .

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 7 de novembro de 2013

Susana Vazquez Romero
Xefa territorial da Coruña