Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-46/2014 RE e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

O acto foi acordado pola instrutora.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Sección Xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 24 de setembro de 2014

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-46/2014 RE.

Denunciado: Ustilio R. da Silva Maia.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-48/2014 RE.

Denunciado: Bruno Bello Vilas.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-61/2014 RE.

Denunciado: José Luis Puga Blanco.

Acto notificado: proposta de resolución.