Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44158

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 7 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os siguintes acordos:

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a totalidade das reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición.

Segundo. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.2.5 da orde de convocatoria (DOG número 122, do 28 de xuño de 2013), os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de acordo co procedemento establecido para o efecto pola dita dirección xeral na súa Resolución do 26 de setembro de 2014 (DOG núm. 189, do 3 de outubro).

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal