Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-179/14 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle aos titulares dos establecementos que se especifican no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de conformidade co establecido no artigo 29.1.d) da LO 1/1992, en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e do Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro), e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Xefatura Territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avda. da Habana, nº 79, 2º, de Ourense.

Ourense, 22 de setembro de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-179/14.

CIF: B-32333411.

Denunciada: Ingaco, S.L.U.

Enderezo: rúa Constitución, 18 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Chaman Blues, rúa Constitución, 18 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 60 €.

Número de expediente: OU-E-185/14.

CIF: B-32333551.

Denunciada: Noguloscu, S.L.

Enderezo: praza José Otero, 6, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Establecemento: Sueño Húmedo, praza José Otero, 6, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 750 €.

Número de expediente: OU-E-205/14.

CIF: B-32424269.

Denunciada: Candelarios Vales, S.L.

Enderezo: rúa Abdón Blanco, 12, O Barco de Valdeorras, (Ourense).

Establecemento: Bik Bok, rúa Abdón Blanco, 12, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 180 €.