Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44042

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014 pola que se adxudican as axudas a organismos de investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación, convocadas pola Resolución desta axencia do 10 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 10 de xuño de 2014 (DOG do 18 de xuño) convocáronse as subvencións a organismos de investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación.

No seu artigo 16 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 13 e 14.

Na súa virtude e atendendo á proposta elaborada na sesión do 29 de setembro de 2014 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 12 das bases da Resolución do 10 de xuño de 2014, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación que figuran como anexo a esta resolución.

2. O importe total das axudas concedidas é de 5.000.284,21 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2014 (€)

Ano 2015 (€)

Ano 2016 (€)

Ano 2017 (€)

Total (€)

08.A3.561A.781.0

399.096,58

1.397.588,78

1.300.000,00

1.100.000,00

4.196.685,36

08.A3.561A.744.0

39.786,00

263.812,85

300.000,00

200.000,00

803.598,85

Total

438.882,58

1.661.401,63

1.600.000,00

1.300.000,00

5.000.284,21

3. Denegar os expedientes indicados a continuación por non teren acadado a puntuación mínima establecida na convocatoria para seren financiables (40 puntos):

Código de expediente

Entidade solicitante

NIF

Denominación unidade mixta

IN853A 2014/09

UDC

Q6550005J

Innovación tecnolóxica e xestión do coñecemento aplicadas ao ciclo da auga urbana

IN853A 2014/02

Cetaqua Galicia

G70312020

Cetaqua Galicia

4. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado lle concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Industria para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación.

5. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 23 da resolución de convocatoria.

6. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 22 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo.

7. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Relación de solicitudes concedidas

Código de expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Integrantes unidade mixta

Denominacion

unidade mixta

% medio
subvención

Subvención (€)
Orzamento (€)

Ano 2014 (€)

Ano 2015 (€)

Ano 2016 (€)

Ano 2017 (€)

Total
(2014-2017)

Aplicación orzamentaria

IN853A 2014/01

Energylab

G277119913

Energylab

Gas Natural SDG, S.A.

Unidade mixta de mobilidade sustentable

30,00 %

Subvención

59.806,00

314.729,16

168.892,00

110.572,84

654.000,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

143.795,00

1.147.455,16

531.631,00

357.118,84

2.180.000,00

IN853A 2014/03

Itmati

S1500111H

Itmati

Repsol, S.A.

Unidade mixta de investigación Repsol-Itmati

30,00 %

Subvención

36.885,71

192.450,62

203.439,59

208.982,46

641.758,38

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

48.019,16

763.492,28

692.481,46

635.201,69

2.139.194,59

IN853A 2014/04

Ctag

G36871424

Ctag

Borgwarner Emissions Systems Spain, S.L.

Novos produtos e tecnoloxías de automoción para redución de emisións

30,00 %

Subvención

157.932,00

209.000,00

296.154,49

261.364,49

924.450,98

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

346.027,00

1.124.802,72

910.792,49

699.881,06

3.081.503,27

IN853A 2014/05

Gradiant

G36997229

Gradiant

Everis Spain, S.L.U.

Unidade mixta Esalud Everis-Gradiant

30,00 %

Subvención

59.290,00

207.159,00

217.159,00

162.868,00

646.476,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

160.827,00

643.306,00

755.806,00

594.979,00

2.154.918,00

IN853A 2014/06

Anfaco - Cecopesca

G36625309

Anfaco-Cecopesca

Jealsa Rianxeira, S.A.

Escurís, S.L.

Unidade mixta Anfaco-Jealsa

30,00 %

Subvención

26.287,79

300.000,00

139.719,51

133.992,70

600.000,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

51.971,50

1.023.333,34

478.052,85

446.642,31

2.000.000,00

IN853A 2014/07

Aimen

G36606291

Aimen

Centro Tecnológico del Grupo Copo, S.L.

Unidade mixta de investigación Aimen-Cetec

30,00 %

Subvención

58.895,08

174.250,00

274.635,41

222.219,51

730.000,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

126.145,08

770.000,00

870.385,41

666.802,84

2.433.333,33

IN853A 2014/08

USC

Q1518001A

USC

Laboratorios del Dr. Esteve, S.A.

Unidade mixta USC-Esteve para descubrimento temperán de fármacos con estándares de innovación aberta

30,00 %

Subvención

39.786,00

263.812,85

300.000,00

200.000,00

803.598,85

08.A3.561A.744.0

Orzamento UM

95.251,99

839.812,85

876.000,00

867.595,68

2.678.660,52