Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (826/2013 M).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Almerinda Pardo Gómez no procedemento ordinario rexistrado co número 826/2013 se acordou citar as codemandadas Ingees, S.L. Industrial General Española e Cleanet Empresarial, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 28 de outubro de 2014 ás 10.10 horas e ás 10.15 horas para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado o decreto de admisión da demanda, así como copia desta e demais resolucións ditadas no presente procedemento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de citación a Ingees, S.L. Industrial General Española e Cleanet Empresarial, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014

A secretaria xudicial