Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de setembro de 2014 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións xestionados na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

Andrés Noya Balsa

IN635A 2014/29-1

Resolución

Ames

Ramón Iglesias Ares

IN635A 2014/104-1

Resolución

Miño

Carmen Penas Casal

IN635A 2014/238-1

Alegacións

Oroso

Eugenio Roibas Sanjuán

IN635A 2014/261-1

Alegacións

A Coruña

Isabel Amigo Estrada

IN635B 2013/4-1

Requirimento

Cambre