Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44049

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as.

Na sesión que tivo lugar o día 6 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar a todas e todos os aspirantes que superaron o cuarto exercicio exentos da realización do quinto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.5 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.5 da orde de convocatoria (Diario Oficial de Galicia nº 140, do 24 de xullo de 2013), os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela) de acordo co procedemento establecido para o efecto pola dita dirección xeral na súa Resolución do 22 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 185, do 29 de setembro).

Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo cos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal