Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2014 pola que se fai pública a adxudicación e formalización de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que, mediante resolucións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en uso das facultades conferidas pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS, o Decreto 288/1988, do 29 de setembro, que a desenvolve, o artigo 4.2.e) do Decreto 317/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS, e a Resolución do 23 de xuño de 2010, de delegación de funcións en materia de contratación no director xeral do IGVS, formalizáronse os seguintes contratos:

1. Título: servizo consistente na vixilanza encargada da seguridade das obras promovidas polo IGVS no polígono de Bertón. Ferrol. Expediente C-2008/706-707.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto.

• Data de resolución de adxudicación: 20.8.2014

• Adxudicataria: Compañía de Protección y Vigilancia, Galaica, S.A.

• Importe: 36.600,00 € (IVE excluído).

• Formalización: 27.8.2014.

2. Título: limpeza e mantemento das dependencias do IGVS en Pontevedra. Expediente IGVS02-14.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto e trámite ordinario.

• Data de resolución de adxudicación: 18.8.2014

• Adxudicataria: Samyl, S.L.

• Importe: 71.000,00 €.

• Formalización: 27.8.2014.

3. Título: reparación e equipamento de 11 vpp en Carballeda de Avia. Ourense. Expediente OU-2013/REP 01.

• Sistema de adxudicación: procedemento aberto e trámite ordinario.

• Data de resolución de adxudicación: 22.4.2014

• Adxudicataria: OVIGA.

• Importe: 144.148,76 €.

• Formalización: 28.4.2014.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo