Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43930

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 15 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 12 de setembro de 2014 pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria de persoal estatutario fixo da categoría de auxiliar administrativo do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

A citada resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros oficiais de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e na intranet do centro.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles, desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 15 de setembro de 2014

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras