Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 44000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do arrendamento, sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles, de 93 equipamentos multifunción, para diversos centros de saúde e unidades dependentes desta xerencia (contratación documentalmente simplificada) (expediente
AB-EIL1-14-019).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4. Teléfono: 982 29 60 47/60 24/60 57/62 29. Telefax: 982 29 65 92.

5. Correo electrónico: ContratacionAdm.XAPL@sergas.es

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-14-019.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto (arrendamento 75 %, mantemento 20 % e subministración sucesiva 5 %).

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, mantemento e subministración de funxible, de 93 equipamentos multifunción, para diversos centros de saúde e unidades dependentes desta xerencia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1. Enderezo: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

2. Localidade e código postal: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: trinta e seis meses.

f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 30121100-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: cento trinta mil cincocentos euros (130.500,00 €).

5. Presuposto base de licitación.

a) Importe neto: oitenta e sete mil euros (87.000,00 €). Importe total: cento cinco mil douscentos setenta euros (105.270,00 €).

6. Garantías exixidas.

a) Provisional (importe): non.

b) Definitiva: 5 % do importe de licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se e o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se e o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4. Dirección electrónica: ContratacionAdm.XAPL@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso).

12. Outras informacións.

Lugo, 15 de setembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos