Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 44008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do arrendamento con opción de compra dun ecógrafo e dun tomógrafo.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4. Teléfono: 981 33 45 14 y 981 33 67 62.

5. Telefax: 981 33 45 51.

6. Correo electrónico: contratación.subministracións.ferrol@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-14-010.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: arrendamento con opción de compra dun ecógrafo e dun tomógrafo.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): dous lotes.

– Lote 1: un ecógrafo; lote 2: un tomógrafo.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: lote 1: 24 meses; lote 2: 36 meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33124120-2 e 33115000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Calidade técnica: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 50 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 114.345,23 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1:

a) Importe neto: 50.082,76 €; b) IVE: 5.117,37 €; c) Importe total: 55.200,13 €.

Lote 2:

a) Importe neto: 62.262,47 €; b) IVE: 6.553,51 €; c) Importe total: 68.815,98 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas (de ser o caso):

12. Outras informacións:

Ferrol, 26 de setembro de 2014

P.D. (Orde 5.7.2012, DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol