Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43960

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación, por procedemento negociado sen publicidade, das obras de acondicionamento da planta baixa do edificio A do antigo complexo Santiago Apóstol para punto de encontro familiar (PEF) da Coruña, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 75/2013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19488

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de acondicionamento da planta baixa do edificio A do antigo complexo Santiago Apóstol para punto de encontro familiar (PEF) da Coruña.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 181.071,98 €. IVE: 38.025,12 €. Importe total: 219.097,10 €.

Esta contratación está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6, tema prioritario 79, medida 6.79) e nun 20 % con fondos de compensación interterritorial (FCI) e fondos da comunidade autónoma que cofinancian.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de agosto de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 13 de setembro de 2013.

b) Contratista: Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 168.578,02 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar