Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifican resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social 2012/0600-1 e 2012/0621-1.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia de relacións laborais.

Fáiselles saber que a dita resolución pon fin á vía administrativa e os interesados poderán impugnala, perante os xulgados sociais, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Advírteselles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Nº expediente

Data resolución da conselleira de Traballo e Benestar

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Gar-commerce, S.L.

A Coruña, A Coruña

RL 2012/0600-1
161934/2012/1/T

5 de xuño de 2014

Artigos 4, letras a), e) e f); artigo 11.2, letras a), d) e f) e artigo 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8.11 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orden social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

10.000 €

Cristalería A Balsa, S.L.

A Coruña, A Coruña

RL 2012/0621-1
164762/2012/1/T

16 de xuño de 2014

Artigos 4, letras a) e e) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7.10 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

300 €