Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2014/31-2, 8167 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMTS, CT Escultor Francisco Moure.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe na LMTS procedente da saída MOF807 e final no CT prefabricado proxectado Escultor Francisco Moure, cunha lonxitude de 52 metros en condutor RHZ1 12/20 kV 3×240 mm2.

– CT en edificio prefabricado Escultor Francisco Moure, cunha potencia proxectada de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de setembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo