Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/094-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/094-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio de sección LMTS EIR-714 barrio das Flores-polígono de Elviña.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Tramos de liña de media tensión subterránea EIR-714, barrio das Flores, a 15/20 kV:

Tramo I: cunha lonxitude de 0,855 km, con orixe en cela existente no CT Amapolas 11 (expte.: 26.795), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en cela de liña existente no CT bloque I UV4 pol. Elviña (expte.: 26.795), despois de realizar entrada e saída nos CC.TT. Margaritas, 6 (expte.: 26.795), torre UV5 pol. Elviña (expte.: 26.795) e garaxe UV5 pol. Elviña (expte.: 26.795).

Tramo II: cunha lonxitude 0,043 km, con orixe en cela de liña existente no CT bloque 3 UV4 pol. Elviña (expte.: 26.795), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS EIR-714, no tramo entre o CT bloque 3 UV4 pol. Elviña (expte.: 26.795) e o CT Matogrande 1 (expte.: 8/95).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 17 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña