Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43795

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (4128/2012)

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4128/2012 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Luis García Rodellino, Vidrioarte Coruña, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua Accid. Trabajo y Enferm. Profes. de la Seguridad Social número 39, 'Ver PDF' sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número de 1 da Coruña, nos presentes autos tramitados por instancia de 'Ver PDF' contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, e as empresas Luis Manuel García Rodellino e Vidrio Arte Coruña, S.L., a revogamos, e en consecuencia, desestimamos a demanda. Sen custas.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Luis García Rodellino e Vidrioarte Coruña, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de setembro de 2014

A secretaria xudicial