Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43726

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porqueira

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial para a execución de dotacións urbanísticas e protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural.

Aprobado inicialmente o Plan especial para a execución de dotacións urbanísticas e protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural, que afecta os terreos de Forxa, por Resolución da Alcaldía do 28 de agosto de 2014, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Porqueira, 29 de agosto de 2014

Susana Vázquez Dorado
Alcaldesa