Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de oficina de proxectos para a coordinación do desenvolvemento de solucións TIC incluídas nos proxectos de Innovación H2050 e Innova-Saúde (expediente AB-SER1-14-041).

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 24 de outubro de 2014.

d) Número de expediente: AB-SER1-14-041.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de oficina de proxectos para a coordinación do desenvolvemento de solucións TIC incluídas nos proxectos de Innovación H2050 e Innova-Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0 - 50

Metodoloxía de traballo

0 - 30

Definición do plan de participación de recursos

0 - 20

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0 - 50

Oferta económica

0 - 50

4. Valor estimado do contrato: 474.165 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 474.165 euros. Importe total: 573.739,65 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría c.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase a cláusula 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 24 de outubro de 2014.

Se o último día do prazo de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) A data e a hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta de/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18 de setembro de 2014.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por fondos Feder - Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos