Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 8 de outubro de 2014 Páx. 43648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 17 de setembro de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-03281-O-2014 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Son informados de que teñen dereito a alegar por escrito ante este servizo de mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 17 de setembro de 2014

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-03281-O-2014

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56-Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela

(A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

2.4.2014; 12.04; AP9; 79,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-03283-O-2014

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56-Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela

(A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

2.4.2014; 12.24; AP9; 79,5

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-03551-O-2014

9473-CBT

Garda Civil 1504 A35144Y

Trans Coruña, S.L.

B15743560

Avenida Alvedro, 25

15600 Culleredo

(A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

23.4.2014; 19.37; AC-960; 5,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-03841-O-2014

0206-DMN

Garda Civil 1525 P11649Z

Trans Coruña, S.L.

B15743560

Avenida Alvedro, 25

15600 Culleredo

(A Coruña)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

19.5.2014; 16.09; N550; 32,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-03996-O-2014

7264-GDC

Garda Civil 1504 H74822F

Trami Trucks World, S.L.

B70307293

Rúa Santa Lucía, 56-Piñeiro do Eixo

15893 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Non levar inserida no tacógrafo a tarxeta do condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible, ou facelo de forma incorrecta, ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e ao remate da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta do condutor ou no caso de que esta non estea no seu poder.

2.4.2014; 12.30; AP9; 79,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros