Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43549

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chandrexa de Queixa

ANUNCIO de formalización do contrato mixto de obra e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia.

Por Resolución da Alcaldía, do 28 de agosto de 2014, adxudicouse o contrato mixto de obra e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia no concello de Chandrexa de Queixa, o que se publica para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

b) Dependencia: Secretaría.

c) Número de expediente: SEC 2014/006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.depourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato mixto de obra e subministración.

b) Descrición: contrato mixto de obra e subministración de execución da construción e equipamento dunha residencia no concello de Chandrexa de Queixa.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45215212-6; 39151000-0

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións públicas (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: BOP, Diario Oficial de Galicia e Perfil do contratante.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: BOP Ourense: 18 e 20 de xuño; Perfil do contratante: 19 de xuño; Diario Oficial de Galicia: 20 de xuño.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación: 1.285.736,36 € máis 270.004,65 € de IVE, que suman un total de 1.555.741,01 €.

5. Adxudicación:

a) Data: 28 de agosto de 2014.

b) Empresa: Construcciones Benigno Álvarez, S.L.

c) Importe e vantaxes da oferta adxudicataria: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares e na oferta con número RE 1272 que serviu de base para a adxudicación e cun orzamento de 1.279.294,82 € máis o IVE 268.651,91 €, que suman un total de 1.547.946,73 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data: 9 de setembro de 2014.

b) Contratista: Construcciones Benigno Álvarez, S.L.

Chandrexa de Queixa, 9 de setembro de 2014

Francisco Rodríguez Rodríguez
Alcalde presidente