Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43552

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da adquisición do mobiliario urbano para o parque central de Teis do Servizo de Bombeiros.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Bombeiros. c) Nº de expediente: 3490-213.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: adquisición do mobiliario para o parque central de Teis do Servizo de Bombeiros. b) CPV: 39100000-3. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: parque central de Teis do Servizo de Bombeiros. e) Prazo de execución: 45 días.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 149.959,20 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 4) da cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Admisión de melloras: si. e) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 19 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación