Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da adquisición dos bancos necesarios para a reposición de mobiliario urbano.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Parques e Xardíns. c) Nº de expediente: 7580-446.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: adquisición dos bancos necesarios para a reposición de mobiliario urbano en rúas e zonas verdes do concello de Vigo. b) CPV: 39113600-3. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: parque central municipal de Santa Cristina de Lavadores. e) Prazo de execución: o contrato rematará o día 31 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 da folla de espacificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 75.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) da folla de especificación do contrato (FEC).

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o décimo quinto día (15º) seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de espacificacións do contrato. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 19 de setembro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación