Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 23 de setembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador número PO-S-41/2014 por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a incoación ditada pola Xefatura da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-41/2014 por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que os interesados presenten as alegacións, documentos e información que consideren convenientes ou, se for o caso, propoñan probas concretando os medios das cales se pretenda valer. Expirado o prazo sen formular alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Expediente: PO-S-41/2014.

Titular sancionado: Rigu Morrazo, S.L.

Establecemento: Café-Bar Con Tapas.

Enderezo: Daniel Castelao 28.

Concello: Moaña.

Data da incoación: 27 de xuño de 2014.

Feitos imputados:

– Non dispoñer materialmente dos documentos exixidos pola normativa turística para o exercicio das actividades, así como non observar na devandita documentación as condicións exixidas.

– Incumprir o deber de exhibir os distintivos, os carteis, a lista de prezos e a documentación exixida pola normativa turística, así como exhibilos sen as formalidades requiridas.

Preceptos infrinxidos: artigo 109 da Lei 7/2011, de turismo de Galicia

Sanción proposta: 100 euros, de conformidade co establecido no artigo 114.a) da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Pontevedra, 23 de setembro de 2014

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra