Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 15 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014083AL-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 17 de xullo de 2014, a xefa territorial de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014083AL-OU, a Narlitrans, S.L. CIF B70385588, con domicilio en rúa Sixto, nº 16, CP 15893 Santa Lucía, Santiago de Compostela.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no nº 5 do referido artigo, notifícaselle a Narlitrans, S.L., CIF: B70385588 o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13 de Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 15 de setembro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2014083AL-OU.

Interesada: Narlitrans, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70385588.

Último enderezo coñecido: rúa Sixto, nº 16, CP 15893 Santa Lucía, Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Rgto. (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400,00 €).