Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 29 de setembro de 2014, da Área de Recadación, polo que se relaciona comunicación pendente de notificar e se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (Investimentos Urbanísticos do Noroeste, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase comunicación pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación en aplicación do establecido no número 2.3 do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación, con enderezo na rúa A Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

Matías Alonso del Campo
Xefe da Área de Recadación

ANEXO

Interesada

CIF

Enderezo

Procedemento

Investimentos Urbanísticos do Noroeste, S.L.

B15848963

R/ Estivadas de Castelao, nº 6, baixo

15895 Ames, O Milladoiro, A Coruña

Comunicación en contestación ao seu escrito do 13 de xuño de 2014 en que solicita anulación da poxa de bens