Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2014/073-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/073-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS alimentación a Disjovi 2006.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a CS Disjovi 2006: proxéctase en condutor de tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) discorrendo canalizado dentro de tubo de polietileno reticulado en treitos de nova canalización, e que terá o seu inicio nos empalmes proxectados que se realizarán na LMTS ao CT grupo escolar (expte. 578/07), no treito entre o CT a Silva I (expte. 106/12) e o CT grupo escolar A Silva (expte. 578/07), e finalizará no centro de seccionamento Disjovi 2006 que instalará o cliente. A lonxitude total da LMT subterránea proxectada será de 400 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 3 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña