Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 18 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se notifica a resolución do expediente 13-063, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao solicitante José Gómez González, co último domicilio coñecido na rúa Real, nº 59, 6º A, 36860 Ponteareas, a resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do expediente 13-063 de autorización previa á concesión da licenza municipal para reconstruír a fachada dunha edificación, no lugar das Valiñas, parroquia de Randufe, no concello de Tui, cuxa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Ter por desistido o interesado da devandita solicitude e acordar o arquivamento do expediente, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación desta resolución (artigos 114, 115 e 48 da LRXPAC)».

E para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Mª Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo