Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43212

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1101/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento Seguridade Social 1101/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Simón Lama Castro contra a Dirección Provincial do Inem sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución:

«Visto o actual estado das actuacións e posto que non resulta posible a citación da demandada nin a indagación de novo domicilio de Simón Lama Castro, cítese este a través da publicación no Diario Oficial de Galicia para que asista ao acto de xuízo sinalado para o día 9.4.2015 ás 9.40 horas na sala 1, planta baixa, deste xulgado».

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Simón Lama Castro, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

A secretaria xudicial