De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2; Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 17 de setembro de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
Anexo
Expediente: INC-CO-0101-2014 IPR.
Denunciado: Juan Carlos Pérez Rivas.
Acto de notificación: proposta de resolución.