Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43215

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

CÉDULA de citación (228/2014).

Execución de títulos xudiciais 228/2014.

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 306/2014.

Sobre: despedimento.

Demandante: Rosa María Romero Miguéns.

Avogado: Miguel Ángel Nouche Ferreira.

Demandada: Servanza, S.L.

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 3.

Asunto en que se acorda: execución de títulos xudiciais 228/2014.

Persoa a quen se cita: Servanza, S.L., como parte executada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición á comparecencia sinalada, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: sinálase o día 27 de outubro de 2014 ás 9.50 horas para a realización da comparecencia na planta baixa, sala 3, edificio rúa Berlín, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Prevencións legais:

1º. A non comparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a realización da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

O/a secretario/a xudicial