Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2014/157-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: ampliación de potencia CT Salvaterra-Pedreira.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: ampliación do centro de transformación Salvaterra-Pedreira, situado no lugar de Monte Castelo, bº Pedreira, San Lorenzo, concello de Salvaterra de Miño, a 100 kVA con RT 20 kV/230-400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de agosto de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra