Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de humanización e acondicionamento (repavimentación) da rúa Carreira do Conde en Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4) Teléfono: 881 99 51 74.

5) Telefax: 881 99 93 26.

6) Correo electrónico: contratación.cmati@xunta.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: ata as 19.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 34/2014 U.

2. Obxecto dos contratos.

2.1. Descrición: humanización e acondicionamento (repavimentación) da rúa Carreira do Conde en Santiago de Compostela.

a) Tipo: obra.

b) Prazo de execución/entrega: 9 meses.

c) Admisión de prórroga: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.

2.2. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Valor estimado do contrato: 446.253,24 €.

2.3. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 446.253,24 €. b) Importe total: 539.966,42 €.

2.4. Garantías exixidas:

Definitiva (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE): 22.312,66 €.

2.5. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

2.6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto I do seu cadro de características.

2.7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21258

3. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincide en día inhábil o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2) Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

4. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

5. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 15 de marzo de 2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas