Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de construción dun punto limpo no concello de Sada, promovido por esta consellería (clave 2014/0029).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, punto 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de xuño de 2014, relativo ao proxecto de construción dun punto limpo no concello de Sada (A Coruña), promovido pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (clave 2014/0029).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón: http://www.cmati.xunta.es/
resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental