Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43167

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

3. Datas:

Novembro 2014: 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29.

Decembro 2014: 12 e 13.

4. Lugar de realización:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés. Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

5. Número de prazas:

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 7.11.2014

16.00-21.15 h

As pragas. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Pragas de interese en saúde pública. Pragas de insectos. Práctica: identificación.

Día 8.11.2014

8.00-15.15 h

As pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Pragas de insectos e ácaros. Microorganismos produtores de enfermidades: bacterias e fungos.

Práctica: identificación.

Día 14.11.2014

16.00-21.15 h

Pragas de roedores. Aves. Métodos de loita antivectorial.

Métodos físicos e mecánicos. Métodos biolóxicos.

Práctica: manexo de cebos.

Día 15.11.2014

8.00-15.15 h

Biocidas e ambiente.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas de contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico.

Eliminación de envases. Pautas. Problemas derivados.

Día 21.11.2014

16.00-21.15 h

Biocidas. Concepto de biocida. Historia.

Composición. Utilización de biocidas.

Clasificación dos biocidas.

Lexislación aplicable aos biocidas.

Clasificación-almacenamento-transporte.

Día 22.11.2014

8.00-15.15 h

Biocidas: clasificación-almacenamento-transporte.

Lexislación aplicable aos biocidas.

A etiqueta dos envases dos biocidas. Etiquetaxe.

Día 28.11.2014

16.00-21.15 h

Biocidas: formulación-preparación de biocidas.

Lexislación de aplicación. Produtos utilizados.

Práctica-preparación de disolucións.

Día 29.11.2014

8.00-15.15 h

Riscos para o home derivados do uso de biocidas.

Prevención de riscos laborais. Relación traballo-saúde.

Criterios de prevención de intoxicación por biocidas. Condutas que cómpre seguir no caso de intoxicación. Antídotos.

Práctica: primeiros auxilios. Masaxe cardíaca.

Día 12.12.2014

16.00-21.15 h

Riscos para o home derivados do uso de biocidas.

Toxicidade dos biocidas. Estudos de letalidade. Efectos tóxicos.

Seguridade laboral. Seguridade non laboral.

Frases H. Frases P.

Día 13.12.2014

8.00-15.15 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Precaucións durante a utilización dos equipos. Equipos de protección individual (EPI).

Técnicas de aplicación de biocidas. Descrición dos equipos mecánicos.

Métodos de loita antivectorial: químicos e biolóxicos.

Práctica: uso adecuado dos medios de protección persoal-tipos de máscaras, tipos de boquillas, protectores oculares, luvas. Avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnado e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos
biocidas, nivel cualificado

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas:

Novembro 2014: 7, 8, 14, 15, 21, 22, 28 e 29.

Decembro 2014: 12 e 13.

Lugar de realización do curso:

Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés.

Polígono do Salnés. Sete Pías, parcela 101, Edificio Multiusos.

36630 Cambados (Pontevedra).

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 7, 14, 21, 28 de novembro e 12 de decembro, das 16.00 ás 21.15 horas. Os días 8, 15, 22, 29 de novembro e 13 de decembro, das 8.00 ás 15.00 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviaranse a Biocontrol. Avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico comercial@biocontrolbcl.com, acompañado do xustificante de ingreso de 520 euros/alumno na conta Biocontrol, S.L. do BBVA, co número IBAN ES74 0182 2201 4502 0158 1606.

Data límite de presentación de solicitudes: ata o día 3 de novembro de 2014 (27 de outubro para empresas bonificadas), salvo que se cubran antes as prazas dispoñibles.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa:

CIF:

Enderezo:

Localidade:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Apelidos:

Nome:

NIF: